No marco de ACTUACIÓN PARA A MINARÍA DO CARBÓN E AS BISBARRAS MINEIRAS NO PERÍODO 2013-2018 recoñécese a necesidade de atenuar o impacto que produce a perda de postos de traballo no sector, así como a súa repercusión na economía rexional, polo que, ao igual que se fixo co finalizado Plan 2006-2012, se vai continuar fomentando o desenvolvemento de proxectos empresariais xeradores de emprego e o apoio á creación de infraestruturas vinculadas a estes.